Xoves 8/02/2024
Un moteiro (Portugués de uns 45 anos) faleceu este xoves ao caer da súa moto na parroquia de Estás, en Tomiño PO-552. O persoal sanitario desprazado á zona non puido facer nada pola súa vida.
¿Cando teremos pintadas as estradas con accesos para facer o cambio de sentido?
O domingo, 8/08/2022, mais menos as 19:35 horas, na estrada EP-2202, por saída de vía e chocar contra a proteción quitamedos, ou mata moteiros; perdía a vida Sergio G.F., de 40 anos. A estrada vai de Fornelos, Loureza, Refoxos, Oia...., As verdadeiras causas se descoñecen....
Un xoven de Tui, Roberto L. A. , de 24 años de idade, finou o xoves 2/09/2021, preto da súa morada, por falta de control da súa moto (Yamaha), saindo da estrada PO-340, estrada que une Gondomar con Tui. Familiares amigos e moteiros do Motoclub Os de Sempre despediron a Roberto na Igrexa de San Francisco, paseo da Corredoira Tui. D.P.
Hoxe foi enterrado o moteiro guardés (08082020). Un mozo de 22 anos, perdeu a vida en San Miguel O Rosal en accidente de tráfico. A vítima era o condutor da moto que circulaba pola estrada PO-552 e que, por razóns descoñecidas, saíu hacia o lado esquerdo, no quilómetro 52.400, en recta golpeando o seu corpo no chan.
(23052020) Novo accidente mortal na estrada que comunica Baiona con A Guarda, a PO-552. Esta vez no concello de O Rosal, no quilómetro 40.700. Un veciño de Viladesuso (Oia) de 38 anos faleceu despois de chocar a motocicleta cun vehículo que ao parecer incorporouse desde unha estrada secundaria.
Ningún comentario:
Publicar un comentario