VILA DE PRADO
Edición 22 do Clube Motard Prado.
O encontro de motas na zona ribeirinha do Faial.
Lugar moi fermoso, un día ideal ata que a tardiña chegou a chuva.
As motos antigas, tiñan que ter un lugar preferente.Trátase de unha moto Cheka Jawa de 350 CC, ano 1966.Unha moto que pasou de pai a fillo, restaurada e moi coidada.
Na partida tiben unha avería na moto, quebra no cabo de aceleración.
Dende as 18h, fiquei na rúa esperando a grúa, un motero parou para preguntarme que me había acontecido, non podendo axudarme xa que tódolos talleres estaban pechados.
Un mecánico pasou polo lugar varias veces, e preguntoume se estaba averiado, ofreceuse a reparar a moto para voltar a casa. Foi a procura de ferramenta e ficou reparada de forma provisional para rodar.
Moitísimos parabéns a CLAUDIO DEL RIO, EL ARGENTINO REPARACIONES, polo seu ofrecemento, en tódolos lares sempre hai ciudadáns solidarios.
Mal o servizo de asistencia na estrada da compañía aseguradora.