Festival Moteiro Eurociudade Tui -Valença organizará entre os días 20 e o 22 de setembro 2019, nas antigas instalacións de Canfrán contará
con concertos, exhibicións, gastronomía, atraccións e DJs.
Un evento moteiro pensado para afeccionados as
motos e público en xeral, pois a súa programación está deseñada para o goce de
toda a cidadanía.
Concertos, festival de DJs, ampla oferta
gastronómica, exhibicións de acrobacias de Plácido 666 aos mandos dunha Harley Davidson e Tania 72, exposición de vehículos,
atraccións e animación infantil, feira de artesanía, charangas e rutas pola
comarca son algunhas das propostas do Moto club Os de Sempre.
A programación do venres 20,
arrancará coa apertura do recinto as 19 horas e a inscrición de moteiros que queiran
compartir unha cea. Logo terán lugar os concertos de rock de RMS e Versión Beta
e, a continuación, unha carpa acollerá o Tui Fest, cunha decena de DJs e
animación.
O sábado21, as exhibicións e acrobacias
de Plácido 666 e Tania 72 serán as protagonistas, ademais dos novos pilotos da
Escola de Pilotos Jorge Lorenzo Competición, que mostrarán as súas habilidades
ao longo do día. Tamén volverá haber carpa de DJs, atraccións, gastronomía e
feira. Sen esquecer as rutas moteiras pola comarca, unha as 11.30 e outra as
17.30 horas, e un concerto tributo a AC/DC, a partir de medianoite, no que soarán
os temas máis míticos do coñecido grupo de rock australiano.
Por último, o domingo 22, un sacerdote
bendecirá as motos antes de iniciar unha ruta desafío na que os participantes
deberán apoiarse unicamente nun mapa para chegar ao seu seis destinos, onde se
deberán facer unha foto en cada un para subila as redes sociais e conseguir
gústasme; a foto con máis nivel de interacción levará un premio. E, mentres os
moteiros compiten, o resto do público poderá seguir gozando de todas as
propostas do festival, o cal rematará cun concerto acústico do grupo O Patio
aproximadamente as 22 horas.
A Choiva non axudou a Organización, suspenderonse varios actos, acudindo poucos moteiros.
A Choiva non axudou a Organización, suspenderonse varios actos, acudindo poucos moteiros.